
Mercedes Máquez Roel
Arquitecta e Paisaxista | A Coruña
Son unha creadora de mundos e ilusións. Dende nena gustábame crear construcións e imaxinar lugares onde se desenvolvían as historias de vida.
Pronto atopei o camiño que me permitise descubrir lugares e espazos que podería transformar a través da arquitectura e iso é o que levo facendo dende hai 20 anos.
Comecei o meu camiño en Arquitectura da Paisaxe no estudio da arquitecta Isabel Aguirre, e remateino con estudos de máster e doutoramento en Valencia e Portugal.
Compromiso Casalnove
Entrar no mundo do paisaxismo vai máis aló dos simples proxectos: é unha vocación, unha paixón e un compromiso continuo por mellorar e comprender o medio que nos rodea.
Investigación
Son membro activo de Grupo de investigación da Escola Galega da Paisaxe, apoiado pola Fundación Juana de Vega. A miña paixón por compartir coñecemento levoume a ser profesor no Máster de Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega. Ademais, en ocasións, colaboro en cursos e xornadas centradas nesta especialidade.
Equipo
A transversalidade da paisaxe esixe múltiples perspectivas, por iso traballamos como estudio creativo independente en estreita colaboración con a equipo de colaboradores especializados en materias como urbanismo, medio ambiente, enxeñaría, socioloxía, economía e dereito que nos dan unha visión global do ámbito de traballo para responder con garantías ás esixencias dos diferentes proxectos.





